O vindeiro luns 19 de xuño de 2023, a partir das 15.30h, o Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acollerá unha xornada que pretende achegar tanto a responsables e xestores de espazos e eventos culturais como a distintos colectivos un punto de encontro, análise e reflexión sobre como se poden crear e desenvolver estratexias de accesibilidade física, mental ou social tanto na formación e uso da oferta cultural existente na sociedade. Pero tamén está aberto a toda a cidadanía interesada no tema.
O acceso é gratuíto, e ademais de faladoiros e conferencias, contaremos con unha actividade interactiva sorpresa relacionada con experiencias sensoriais e accesibles. O único requisito para asistir é apuntarse previamente.
Ligazon: Inscríbete no evento
Ligazón: Programa do evento