Xornada "Accesibilidade en espazos culturais. Cultura inclusiva na formación ao longo da vida"

Submitted by gestor on Mér, 31/05/2023 - 18:26

Cartel con información sobre o evento (data, hora...) e código QR para acceder á inscriciónO vindeiro luns 19 de xuño de 2023, a partir das 15.30h, o Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acollerá unha xornada que pretende achegar tanto a responsables e xestores de espazos e eventos culturais como a distintos colectivos un punto de encontro, análise e reflexión sobre como se poden crear e desenvolver estratexias de accesibilidade física, mental ou social tanto na formación e uso da oferta cultural existente na sociedade. Pero tamén está aberto a toda a cidadanía interesada no tema.  

O acceso é gratuíto, e ademais de faladoiros e conferencias, contaremos con unha actividade interactiva sorpresa relacionada con experiencias sensoriais e accesibles. O único requisito para asistir é apuntarse previamente.

 

Ligazon: Inscríbete no evento

Ligazón: Programa do evento

Data evento