Xornada "Accesibilidade en espazos culturais. Cultura inclusiva na formación ao longo da vida"

Submitted by gestor on Wed, 31/05/2023 - 18:48

Xornada "Accesibilidade en espazos culturais. Cultura inclusiva na formación ao longo da vida"

29 maí 2023, 18:10 EH
Cartel da xornada, con información de data, lugar, código QR para inscribirse, logotipos, etc.

 

O vindeiro luns 19 de xuño de 2023, a partir das 15.30h, o Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acollerá unha xornada que pretende achegar tanto a responsables e xestores de espazos e eventos culturais como a distintos colectivos un punto de encontro, análise e reflexión sobre como se poden crear e desenvolver estratexias de accesibilidade física, mental ou social e mais na formación e uso da oferta cultural existente na sociedade. Pero tamén está aberto a toda a cidadanía interesada no tema.  

Ademais de faladoiros e conferencias, contaremos cunha actividade interactiva sorpresa relacionada con experiencias sensoriais accesibles. O acceso é gratuíto, co único requisito de apuntarse previamente para reservar un posto, obter o material da Xornada e recibir posteriormente un certificado de asistencia.

Ligazon: Inscríbete no evento

Ligazón: Programa do evento