O museo Serralves, laboratorio de "Design Thinking" para atraer novos públicos a espazos culturais

Dodane przez gestor - pon., 01/02/2023 - 14:30

O museo Serralves, laboratorio de "Design Thinking" para atraer novos públicos a espazos culturais

19 gru 2022, 12:15 po południu
Grupo da reunión transnacional nas escaleiras da sede da Fundación AEP en Porto

O museo de Serralves e a Fundação da Associação de Empresarios de Portugal (AEP) acolleron durante os pasados días 15 e 16 de decembro unha reunión transnacional do proxecto europeo Erasmus+ “ALLURE” (Alfabetización Liberadora: accesibilidade Universal en Recursos culturais para a Educación permanente). Nesta ocasión a Associação de Empresarios de Portugal (AEP), en colaboración co Museo Serralves de Porto, e a Universidade de Vigo, desenvolveron un programa de “Design Thinking”, un laboratorio de ideas e deseño de prototipos para mellorar a accesibilidade a espazos culturais. Durante unha tarde, Serralves converteuse nun espazo de observación e experimentación. Mediante entrevistas, interactuación e recollida de datos, creouse unha base de datos de ideas e propostas que foron tratadas polos grupos de traballo, que xeraron 3 prototipos: dúas aplicacións telefónicas (unha como guía interactiva e personalizable, e outra para xerar información inclusiva para colectivos minorizados) e un prototipo de bancos de descanso que se converten tamén en puntos informativos e mesmo de espazo creativo para os nenos e nenas que visitan o museo.

 

INFORMACIÓN CULTURAL ACCESIBLE

ALLURE conta xa cunha ferramenta para que os organizadores de eventos ou programacións en espazos culturais poidan xerar información completa, sinxela e accesible para as persoas usuarias con distintos niveis de accesibilidade. Chamado CIMA (Cultural Information Made Accesible), a webapp pode utilizarse de balde no sitio web do proxecto (www.allureculture.eu/cima) e permite controlar todos os datos que se proporcionen sobre a actividade ou recurso cultural, traducido ademais a 7 idiomas e que conta con pictogramas, lectura sinxela, audiodescrición e moitos outros recursos.